Mala herencia la que nos ha tocado: oralidad y narrativa en la literatura sobre la Guerra Civil y el franquismo
Resumo
Estas páxinas exploran a representación da oralidade na produción narrativa de ficción de diversos autores españois que, entre finais do século XX e comezos do XXI, abordaron a temática da Guerra Civil e as súas consecuencias con relación ao xurdimento de numerosos debates acerca do tratamento do conflito. Analizan o intercambio xeracional e a transmisión a partir de escenas dialóxicas tendentes a paliar, compensar ou facer visibles limitacións e baleiros propios doutros soportes e discursos. Seleccionan propostas que xurdiron desde a literatura —con algún detemento nun texto fílmico— para estudar un pasado traumático e as técnicas de transmisión empregadas na narración de aspectos longamente silenciados ou enmascarados pola historia oficial.