Concepto de Política
Resumo
A presente unidade didáctica é a segunda das que constitúen o conxunto do programa docente da materia Institucións Políticas e Movementos Sociais Contemporáneos, materia obrigatoria (código G3031V01) do primeiro curso do Grao de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela.
Esta unidade didáctica dedicarase ao estudo dos conceptos básicos da ciencia e a teoría política como o propio concepto de política, ou o de poder, autoridade e lexitimidade. Asemade centrarase nas teorías que estudan a política en tanto actividade humana en relación a dimensións como a moral e a ética en aras de asentar unha das moitas relacións que esixe a delimitación do concepto. Finalmente valorarase a pertinencia ou irrelevancia, no seo dos debates actuais da disciplina e do pensamento político e social, das diversas voces que anuncian a “fin da política” nas sociedades políticas contemporáneas.