Estudar toponimia: aproximacións metodolóxicas e interpretativas

Autores

María José Rodríguez Espiñeira
Ana Isabel Boullón Agrelo
##semicolon## toponimia, lingua galega, etimoloxía, historiografía, lexislación

Resumo

Neste volume recóllense unha serie de traballos dos maiores especialistas en toponimia galega, sobre a metodoloxía, a historiografía e a interpretación etimolóxica. A partir deles propóñense pautas de actuación á hora de estudar a toponimia, tales como a necesidade dunha perspectiva multidisciplinar, non só lingüística, senón tamén histórica e xeográfica, entre outras. Tamén se ofrecen achegas sobre a interrelación cos nomes de persoas, a clasificación semántica da toponimia, o estrato prelatino, a especificidade que comporta o estudo da toponimia medieval e o estatus xurídico dos nomes de lugar. Finalmente, engádese unha bibliografía escollida como guía breve de inicio para o estudo da toponimia.

Cuberta para Estudar toponimia: aproximacións metodolóxicas e interpretativas
Publicado
January 30, 2020
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16954-35-3
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788416954353
Propietario (01)
VA/075A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2017