Nuevos debates en relación a la mediación penal, civil y mercantil
Resumo
Esta obra colectiva quere reflectir a evolución que a mediación experimentou nos últimos anos no sistema de Xustiza español. Analizar polo miúdo o desenvolvemento deste método requiriu e aínda require non poucos esforzos por parte da literatura especializada. E iso porque cada orde xurisdicional —máis aínda, cada ámbito material— conta con particularidades que esixen un especial celo á hora de proceder á deslocalización desta fórmula desde outros contextos xurídicos. A partir de tales premisas, as autoras e autores reunidos nestas páxinas abordaron temas tan actuais como a mediación concursal e o expediente de liberación de débedas; a mediación na fase de execución en delitos de terrorismo; en dereito de patentes; en supostos de propiedade intelectual, etc., confiando en que a súa investigación resulte de utilidade á comunidade científica en xeral e a cada lector en particular.