Escritura y sociedad: la nobleza
Resumo
Estas páxinas conságranse á relación entre a escritura e a sociedade, tomando como grupo de referencia a nobreza. Vinte e oito traballos de investigación, desenvolvidos no ámbito das ciencias e técnicas historiográficas, introducen o lector en chancelarías señoriais, bibliotecas e arquivos, museos e capelas —visitados nun amplo período (séculos XII-XXI)— e evidencian mentalidades, actitudes e aptitudes dos autores, as razóns, procesos e consecuencias do escribir, a forma e o fondo dos escritos e canto incumbe ás súas vicisitudes, uso, circulación e custodia.
Escritura y sociedad: la nobleza é, ademais, pasado, presente e futuro. Contribucións de especialistas con longa traxectoria científica únense ás asinadas por mozos investigadores, e rigorosas achegas, resultado da aplicación de métodos tradicionais, acompañan ás propostas de «novas metodoloxías». Iníciase entre pergamiños, papeis e selos da nobreza medieval e conclúe —¿ou volve comezar?— ante a pantalla dun computador, instrumento imprescindible nos labores de «edición diplomática dixital».