Espacios transliterarios: hibridez, digitalidad, migración
Resumo
Este volume reúne unha selección dos textos presentados no XX Simposio da Sociedade Española de Literatura Xeral e Comparada (SELGYC), durante os días 2 e 4 de setembro de 2014 na Universidade de Santiago de Compostela. O eixo temático sobre o que xiran as achegas —as novas literaturas híbridas— é en si mesmo diverso e conforma un cristal poliédrico a través do que observar a literatura actual. Convidouse aos participantes a reflexionar sobre a concepción dunha posible neue Weltliteratur, unha nova literatura mundial que se pensa desde a encrucillada, que se vive entre espazos, entre textos e imaxes, entre tecnoloxías, entre linguas e entre culturas, e que tamén se reflicte nas obras literarias.