Terminoloxía e normalización: actas da XII Xornada Científica Realiter, Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016

Autores

Manuel Núñez Singala
##semicolon## terminoloxía, normalización lingüística, neoloxía, xestión da terminoloxía, difusión da terminoloxía

Resumo

Este volume recolle a práctica totalidade dos traballos presentados na XII Xornada Científica Realiter (Rede Panlatina de Terminoloxía), celebrada en Santiago de Compostela o día 9 de xuño de 2016, e que os seus autores reelaboraron para seren editados. O lector atopará, nas sete linguas da rede, reflexións moi variadas verbo do tema da xornada, que xirou nesta ocasión sobre Terminoloxía e normalización. Normalización entendida nos dous sentidos que esta palabra posúe en varias linguas románicas, a saber, por un lado, a extensión do uso da lingua naqueles contextos en que se considere preciso e, polo outro, a estandarización do corpus das linguas de especialidade. A rede Realiter, dende a súa creación, prestou atención prioritaria a estes dous eidos, ademais de á promoción do multilingüismo e a diversidade lingüística, e tamén ao desenvolvemento harmónico das linguas neolatinas.

Cuberta para Terminoloxía e normalización: actas da XII Xornada Científica Realiter, Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2016
Publicado
June 7, 2018
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-16954-79-7
Propietario (01)
CC/246
Fecha de anuncio para el sector (10)
2018
Dimensións físicas
170mmx240mm