A empresa dende a perspectiva organizativa

Autores

Pedro Varela Vázquez
Guadalupe Vila Vázquez
Zaira Camoiras Rodríguez
##semicolon## Administración de Empresas, Economía, directivos, niveis xerenciais, proceso directivo, habilidades directivas, historia da administración

Resumo

A unidade didáctica «A empresa dende a perspectiva organizativa» pertence á materia Administración de Empresas, correspondente ao primeiro curso do Grao en Economía. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n º 56, de 5 marzo de 2010), dita materia ten carácter de formación básica. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTS e impártese no segundo semestre.

A materia Administración de Empresas ten como finalidade aproximar ao alumnado á contorna empresarial, así como ás tarefas que realizan os directivos. Así mesmo, pretende dotalos das destrezas e habilidades requiridas para a toma de decisións na contorna empresarial. Os contidos desta materia desempeñan un papel fundamental na titulación do Grao en Economía, posto que constitúen a única aproximación ás funcións directivas e, en xeral, á organización de empresas.

Esta unidade didáctica introduce ao alumnado ás organizacións, ás actividades que realizan e os comportamentos que debe encarnar o persoal directivo, así como ás habilidades e destrezas xerenciais. Así mesmo, analiza a evolución do pensamento directivo, dende as primeiras manifestacións ata os modelos contemporáneos.

 

Cuberta para A empresa dende a perspectiva organizativa
Publicado
May 23, 2019

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-17-3
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788417595173
Propietario (01)
UD/133A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2019-05-23