Iglesia, mentalidad y vida cotidiana en la Compostela medieval
Resumo
A igrexa de Santiago de Compostela catalizou o desenvolvemento da cidade circundante ao longo da Idade Media, de xeito que a configuración do núcleo e a evolución da sociedade e economía urbanas aparecen intimamente ligadas ao devir da propia institución. Pero a Igrexa medieval exerce igualmente a súa influencia sobre dous aspectos que deixaron boa pegada e cuxa atención ha ser obrigada en canto ao principal centro urbano do reino de Galicia: a vida cotiá e a mentalidade colectiva. Esta monografía non pon o foco na propia existencia diaria da institución eclesiástica, nin en feitos xa coñecidos, senón na vida da cidade mesma durante os séculos medievais, examinando como a presenza catedralicia e episcopal, a igrexa compostelá, afectou en comportamentos e sectores: a produción libraria, a percepción da contorna, a consideración das idades da vida, a relación entre os habitantes e veciños, vestidos e comidas, a presenza do concello... Todo iso ten o seu certo e destacado matiz a través da presenza eclesiástica. Tomarán aquí a iniciativa o mundo urbano, as súas formas e o pensamento cotián, sobre testemuños que permitan debullar e coñecer a vida do día a día na cidade e como a influencia eclesiástica colaborou ou mediatizou a definición da cotidianeidade nos séculos XII ao XV.