A creatividade e o estímulo de ideas para a obtención do coñecemento nas organizacións

Autores

Zaira Camoiras Rodríguez
Departamento de Organización de Empresas y Comercialización - Universidad de Santiago de Compostela
##semicolon## creatividade, aprendizaxe organizativa, coñecemento

Resumo

A unidade didáctica «A creatividade e o estímulo de ideas para a obtención do coñecemento nas organizacións» pertence á materia Sistemas de Xestión da Innovación, correspondente ao Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n º 205, de 24 agosto de 2010), dita materia ten carácter optativo. A súa carga lectiva é de 3 créditos ECTS e impártese no segundo cuadrimestre.

A materia de Sistemas de Xestión da Innovación ten como finalidade aproximar ao alumnado á xestión da innovación no contexto empresarial, e que comprendan a importancia de saber explotar as oportunidades e ideas innovadoras. Asemade, pretende familiarizalos cos procesos e metodoloxías de innovación, que coñezan a sistemática da normalización, as diferentes normativas e o seu proceso de implantación, así como o impacto que teñen nas organizacións. Os contidos desta materia desempeñan un papel fundamental na titulación do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, dado que forman parte do Módulo de especialización en Xestión da investigación e da innovación ofertado polo Máster.

Esta unidade didáctica desempeña un papel introdutorio á xestión da innovación no contexto empresarial. Así, pon de manifesto a relevancia da xestión da innovación no contexto empresarial, estuda a noción de creatividade e aprendizaxe organizativa, presenta diversas técnicas para a xeración de ideas e o fomento da creatividade nas organizacións, así como as diferentes vías internas e externas para a obtención de coñecemento nas organizacións.

Cuberta para A creatividade e o estímulo de ideas para a obtención do coñecemento nas organizacións
Publicado
January 28, 2020

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-52-4
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595524
Propietario (01)
UD/136A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-01-28
Calendario de Hijri