Hialoplasma e citoesqueleto: forma e movemento celular

Autores

Begoña Villar Cheda
usc
Andrea López López
usc
##semicolon## citosol, citoesqueleto

Resumo

O citosol é o medio acuoso no que están inmersos os orgánulos e nel teñen lugar importantes reaccións metabólicas, como a glicólise ou a síntese de proteínas. Un dos elementos máis importantes do citosol é o citoesqueleto, un entramado de filamentos e túbulos interconectados responsables da organización interna da célula. O citoesqueleto é unha estrutura moi dinámica que participa en procesos como: a división celular, a sinalización celular, o movemento celular ou as unións celulares. As funcións do citoesqueleto dependen de 3 familias de proteínas: os filamentos de actina ou microfilamentos, estruturas moi dinámicas responsables da forma e movemento celular; os filamentos intermedios que conforman o elemento mais estable do citoesqueleto, sendo fundamentais para manter a integridade dos tecidos, e os microtúbulos, estruturas cilíndricas e ocas que forman “camiños” empregados pola célula para fixar ou desprazar os orgánulos, as vesículas ou os cromosomas durante a mitose.

Cuberta para Hialoplasma e citoesqueleto: forma e movemento celular
Publicado
January 29, 2020
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-55-5
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595555
Propietario (01)
UD/153A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-01-29
Calendario de Hijri