O golpe de Estado de 1936 e a guerra civil de 1936-1939
Resumo
Unidade didáctica que se corresponde co tema IV do programa xeral da materia obrigatoria de Historia Contemporánea de España II, impartida no segundo cuadrimestre do terceiro curso do grao de Historia, segundo o establecido pola última programación docente do curso. Se ben nas unidades didácticas precedentes o alumnado estudaría a evolución do sistema político, social e económico dende o colapso da Restauración ata a instauración da II República, nesta profundará o seu coñecemento sobre o golpe de Estado e a guerra civil de 1936 a 1939, o que resultará esencial para comprender as consecuencias do conflito no devir da historia contemporánea de España.