A investigación comercial no márketing

Autores

Sandra Castro González
Guadalupe Vila Vázquez
Fernando Losada Pérez
##semicolon## investigación comercial, márketing, comercialización e investigación de mercados, Grao en Administración e Dirección de Empresas

Resumo

A unidade didáctica A investigación comercial no márketing pertence á materia de Investigación Comercial do cuarto curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. A materia é obrigatoria e impártese no primeiro cuadrimestre cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS. A materia Investigación Comercial recolle os contidos básicos que todo o alumnado que finalice o Grao en Administración e Dirección de Empresas debe coñecer para ser capaz de planificar, organizar e executar unha investigación de mercados completa. Esta unidade, a primeira das seis que conformarían a materia, recolle, en primeiro lugar, os fundamentos da necesidade de información para as empresas, por un lado, e por outro, os sistemas de información no márketing. En segundo lugar, introdúcese o concepto de investigación comercial, así como as súas características e as distintas aplicacións.

Cuberta para A investigación comercial no márketing
Publicado
January 29, 2020
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-59-3
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595593
Propietario (01)
UD/140A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-01-29
Calendario de Hijri