O relato curto británico

Autores

Regina Martínez Ponciano
##semicolon## narrativa breve, literatura inglesa, literatura norteamericana, relato curto

Resumo

A presente unidade didáctica, O relato curto británico, corresponde coa primeira de tres unidades didácticas da materia optativa Narrativa Breve Inglesa e Norteamericana (6ECTS), impartida no cuarto curso primeiro cuadrimestre do Grao en Lingua e Literatura Inglesas da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A materia Narrativa Breve Inglesa e Norteamericana intégrase na modalidade do “Maior Plus” e adoita contar con aproximadamente 10 alumnos/as. Como tódalas materias do grao, “Narrativa Breve” impártese exclusivamente en inglés. Despois desta unidade didáctica, que se leva a cabo en catro semanas, corresponde a unidade didáctica O relato curto irlandés, dunha duración de tres semanas, e, finalmente, a derradeira unidade didáctica O relato curto norteamericano, dunha duración de cinco semanas. Na súa totalidade, a materia oferta un estudo comparativo da evolución da narrativa breve na literatura das Illas Británicas e na literatura norteamericana dende as súas primeiras manifestacións no folclore e a tradición oral nativa ata a súa consolidación nos séculos dezanove e vinte. Nesta materia estúdanse as características distintivas da narrativa breve (voz, estrutura narrativa, temas, etc.) e as súas relacións con cuestións de tradición, identidade, individualidade, ou nación. Preténdese facer unha revisión dos relatos curtos máis representativos da literatura británica e norteamericana, analizando tamén as súas repercusións noutras tradicións literarias. Dentro deste marco, a presente unidade didáctica pretende ofrecer unha introdución ao xénero e mais á narrativa breve de Inglaterra.

Cuberta para O relato curto británico
Publicado
January 29, 2020
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-65-4
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595654
Propietario (01)
UD/144A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2019-12-09
Calendario de Hijri