Fundamentos dos accidentes graves na industria de proceso químico: fugas, incendios, explosións e reactividade química descontrolada
Resumo
Esta unidade didáctica denominada «Fundamentos dos accidentes graves na industria de proceso químico: fugas, incendios, explosións e reactividade química descontrolada» forma parte da materia «Seguridade e prevención de riscos», que é optativa e se imparte no primeiro semestre do 4º curso do Grao en Enxeñaría Química. É unha materia interdisciplinaria estruturada en dous bloques de contido: toxicoloxía e hixiene industrial e enxeñaría da seguridade. No primeiro bloque estúdanse os efectos dos contaminantes físicos, químicos e biolóxicos na saúde das persoas e as medidas de protección asociadas. No segundo bloque analízanse os fallos que se poden dar nunha instalación industrial e a súa evolución a un accidente maior de incendio, explosión ou reactividade química descontrolada, así como as medidas de protección asociadas.