Os balnearios de Galicia: Descubre as súas posibilidades para a saúde

Autores

Lorena Casal Otero; Carmen Fernández Morante; Beatriz Cebreiro López; Alba Elena Martínez Santos; Juan Jesús Gestal Otero
##semicolon## Balnearios de Galicia, Hidroloxía médica

Resumo

A auga é un elemento necesario para a vida, sen ela esta non é posible, e nela orixinouse a vida.
Un tipo especial son as augas mineromedicinais ou augas termais, utilizadas desde a antigüidade para o tratamento de numerosas patoloxías. A cura termal resulta moi útil no tratamento de numerosas patoloxías crónicas do aparello locomotor, respiratorio, da pel, e doutros órganos. Galicia conta cunha enorme riqueza en augas mineromedicinais e dispón de máis de 300 mananciais e 21 balnearios nos que se pode encontrar alivio para as doenzas, repouso e benestar.
A Universidade de Santiago de Compostela conta desde 2009 cunha Cátedra de Hidroloxía Médica, que foi creada coa finalidade de fomentar a docencia, investigación e difusión dos coñecementos no campo da Hidroloxía Médica.
Unha das actividades é esta guia, que pretende axudarlle ao profesorado a achegar o alumnado dos últimos cursos de primaria e dos primeiros da ESO ao coñecemento da importancia da auga para a vida e, en especial, das augas mineromedicinais e as súas aplicacioóns na promoción da saúde, no tratamento das enfermidades e na procura do benestar. Consta de cinco apartados nos que se combinan texto e enlaces con diferentes materiais didácticos dixitais.

Cuberta para Os balnearios de Galicia: Descubre as súas posibilidades para a saúde
Publicado
December 9, 2019

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-24-1
Propietario (01)
OP/454
Fecha de anuncio para el sector (10)
2019-12-09
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
170mmx240mm