As narrativas transmedia
Resumo
Nos últimos anos, o fenómeno da converxencia e a dixitalización impactaron de xeito substancial no modo en que os contidos mediáticos se producen, distribúen e consomen. O xurdimento de novos dispositivos, terminais e plataformas ampliaron as posibilidades de difusión dos produtos, instaurando un novo paradigma no que o desenvolvemento de estratexias multiplataforma se considera esencial para garantir a supervivencia e rendibilidade futura dos mass media. Xerar unha experiencia atractiva a través de diferentes medios, innovar nos contidos ofertados e na súa distribución, e adaptarse aos cambios nos patróns de consumo dos espectadores constitúen os principais desafíos que os medios tradicionais deben afrontar na era dixital.