A dimensión do márketing

Autores

Zaira Camoiras Rodríguez
María Teresa García Garazo
##semicolon## márketing, proceso de márketing, mercado, necesidades, clientes, orientación ao mercado, programa de márketing

Resumo

A unidade didáctica «A dimensión do márketing» pertence á materia Fundamentos de Comercialización, correspondente ao segundo curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n.º 56, de 5 marzo de 2010), dita materia ten carácter obrigatorio. A súa carga lectiva é de 6 créditos ECTS e impártese no segundo cuadrimestre.

A materia de Fundamentos de Comercialización ten como finalidade ofrecerlle ao alumnado unha visión xeral do márketing, de forma que o alumnado adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que o alumnado que curse a materia chegue a coñecer e a comprender os conceptos básicos do márketing e do seu contorno que condicionan a súa xestión, coñeza o sistema de información de márketing e o proceso de investigación de mercados, e coñeza o mercado e sexa quen de identificar e avaliar os segmentos e o comportamento de compra dos consumidores e dos compradores industriais. Os contidos desta materia desempeñan un papel fundamental na titulación do Grao en Administración e Dirección de Empresas, dado que constitúen a primeira aproximación do alumnado á Comercialización, e cuxos contidos serán complementados cos das materias obrigatorias e optativas da área impartidas no terceiro e cuarto curso do grao.

Nesta primeira unidade didáctica, defínese que é o márketing e o proceso de márketing, explícase a importancia da comprensión do cliente e o mercado, así como os seus conceptos chave, e identifícanse os elementos principais da estratexia de márketing centrada no cliente(-a).

Cuberta para A dimensión do márketing
Publicado
September 8, 2020

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-94-4
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595944
Propietario (01)
UD/154A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-09-08
Calendario de Hijri