Organización da innovación

Autores

Zaira Camoiras Rodríguez

Resumo

A unidade didáctica «Organización da innovación» pertence á materia Sistemas de Xestión da Innovación, correspondente ao Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación. Segundo o plan de estudos da titulación (BOE n.º 205, de 24 agosto de 2010), dita materia ten carácter optativo. A súa carga lectiva é de 3 créditos ECTS e impártese no segundo cuadrimestre.

A materia de Sistemas de Xestión da Innovación ten como finalidade aproximar ao alumnado á xestión da innovación no contexto empresarial, e que comprendan a importancia de saber explotar as oportunidades e ideas innovadoras. Asemade, pretende familiarizalos cos procesos e metodoloxías de innovación, que coñezan a sistemática da normalización, as diferentes normativas e o seu proceso de implantación, así como o impacto que teñen nas organizacións. Os contidos desta materia desempeñan un papel fundamental na titulación do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación, dado que forman parte do Módulo de especialización en Xestión da investigación e da innovación ofertado polo Máster.

Nesta sexta unidade didáctica, introdúcese ao alumnado ás estruturas organizativas abarcando as dimensións vertical e horizontal, preséntanse os mecanismos de coordinación existentes nas organizacións, estúdase o departamento de I + D e as relacións con outros departamentos da organización, e preséntanse as diferentes formas organizativas clásicas e emerxentes para o desenvolvemento de novos produtos nas organizacións.

Cuberta para Organización da innovación
Publicado
September 8, 2020

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-17595-93-7
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788417595937
Propietario (01)
UD/160A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-09-08
Calendario de Hijri