Andar, camiñar, marchar: actas do XV Curso de Primavera, Lugo, 10-12 de abril de 2019

Autores

Paloma Lugilde Rodríguez
Felipe Arias Vilas
Max Jean Zins
##semicolon## andar, camiñar, marchar, peregrinacións

Resumo

En 2019, os xa veteranos Cursos de Primavera do Campus de Lugo —consolidados como un referente na divulgación da investigación humanística— enfocaron a atención ao camiñar, ao feito de andaren as persoas e os animais, unha necesidade biolóxica con amplísimo reflexo na literatura de todo tempo e lugar. No curso, os resultados do cal recollen estas páxinas, a marcha tivo dúas abordaxes, unha apoloxética derivada dos proverbiais beneficios de camiñar para a saúde, e outra máis puramente física ou bio-tecnolóxica relacionada coa cinética e os mecanismos da marcha. Sobre estes criterios, as contribucións organizáronse en catro bloques: camiñar como movemento corporal eminentemente persoal; o andar na socioloxía, na politíca e na historia; un enfoque comparativo sobre as diversas formas do camiñar, e o papel do camiño e a marcha na literatura e os imaxinarios populares.

Cuberta para Andar, camiñar, marchar: actas do XV Curso de Primavera, Lugo, 10-12 de abril de 2019
Publicado
May 27, 2021

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/cc.2021.1298
Propietario (01)
CC/258A
Identificador para Xebook (99)
DX1101526743
Fecha de anuncio para el sector (10)
2021-05-27
Calendario de Hijri