Filoloxía e Lingüística
Resumo
No ámbito da filoloxía e da lingüística o xénero traballouse case unicamente desde unha perspectiva gramatical, sen ter en conta que as relacións entre o código (sistema lingüístico) e o que o código representa son arbitrarias. Reducir o concepto de xénero a esta formulación equivale a desvincular a lingua da vida social dos e das falantes, malia a lingua non é allea ás representacións do mundo que prevalecen na sociedade.
Esta guía ofrece propostas, exemplos de boas prácticas, recursos docentes e ferramentas de consulta que permitan cuestionar regras e significados que ignoran, invisibilizan ou desprezan as mulleres e outras identidades subalternas.