Cidadanía e identidades: expresións políticas, económicas e culturais no século XXI

Autores

María Xesús Nogueira Pereira
USC
Eulalia Agrelo-Costas
Universidade de Vigo
##semicolon## cidadanía, identidades, emerxencias

Resumo

En maio do 2018, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acolleu o simposio «Cidadanía e Identidade. Expre­sións políticas, económicas e culturais no século XXI», promovido polo Centro de Investigación de Procesos e Prácticas Culturais (CIPPCE), encontro no que representantes institucionais e persoal investigador de diferentes áreas do coñecemento achegáronse ao espazo público da cidade e á condición de cidadanía desde múltiples perspectivas, unha visión coral que evidenciou o carácter ambivalente da cidade e a natureza das relacións entre a cida­danía e a identidade. O vizoso intercambio de propostas, ideas e reflexións expresadas no evento motivou que este nú­mero 6 dos Cadernos CIPPCE sobre Emerxencia Cultural se consagre a afondar no complexo binomio cidadanía-identidade, ao tempo que incorpora novas inter­vencións e amplifica as visións analíticas ao redor do tema. O mosaico de traballos evidencia as funcións e trans­formacións das cidades que, nun mundo tan inestable como o actual, impo­sibilitan cada vez máis determinar eses trazos identitarios necesarios para a cohesión da comunidade.

Cuberta para Cidadanía e identidades: expresións políticas, económicas e culturais no século XXI
Publicado
March 5, 2021

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
http://dx.doi.org/10.15304/9788418445415
Propietario (01)
CI/006A
Identificador para Xebook (99)
DX1102649907
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-03-13
Calendario de Hijri