O delito de corrupción deportiva

Autores

Natalia Pérez Rivas
Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## corrupción deportiva, reforma penal, norma penal en branco, concepto xurídico indeterminado

Resumo

A regulación, pola Lei Orgánica 5/2010, do 22 de xuño, da corrupción entre particulares (art. 286 bis CP) é froito das obrigacións supranacionais asumidas por España. Con todo, o lexislador español foi máis aló do disposto nas normas sobre corrupción privada existentes nese momento —que limitaban a súa aplicación ás actividades económicas, financeiras ou comerciais— tipificando, no apartado 4º do citado artigo, a fraude nas competicións deportivas. Desta forma, adiantouse ao que, anos máis tarde, se converteu nunha esixencia coa promulgación, o 18 de setembro do 2014, do Convenio do Consello de Europa sobre a manipulación das competicións deportivas.Tan só cinco anos despois da súa inicial previsión, a Lei Orgánica 1/2015, do 30 de marzo, procedeu á súa modificación para «introducir algunhas melloras técnicas» na súa redacción. Non obstante, esta reforma tampouco deu resposta ás principais críticas formuladas pola doutrina á súa forma de tipificación. Neste senso, resulta necesaria a redacción dun artigo propio e independente que, sobre a base das recomendacións formuladas pola doutrina e a experiencia comparada existentes, dea unha axeitada resposta a este fenómeno criminal que se atopa en plena expansión.

Cuberta para O delito de corrupción deportiva
Publicado
December 21, 2020
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-18445-33-0
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788418445330
Propietario (01)
UD/163A
Fecha de anuncio para el sector (10)
2020-12-21
Calendario de Hijri