Guía de implementación. Implicación familiar e rendemento académico en educación primaria. A efectividade dun programa para pais e nais
Resumo
O que imos desenvolver durante as catro sesións deste programa quere ser un apoio para os/as pais/nais e unha axuda para os/as fillos/as nunha serie de cuestións que inciden na vida escolar e na súa educación en xeral. Hoxe en día podemos asegurar, de maneira científica e obxectiva, que cando os/as pais/nais se implican na educación dos/as seus/súas fillos/as e cando saben polo que están pasando como persoas, estanlles fortalecendo no seu desenvolvemento e apoiando na base para alcanzar calquera meta: a súa motivación. Isto é o que queremos traballar durante estas sesións, dialogando e intercambiando ideas e adaptándoas ás necesidades do grupo. Para conseguilo, elaboramos un programa dividido en catro sesións nas que falaremos do inicio da adolescencia, da comunicación entre nais/pais e fillos/as, das relacións entre a familia e a escola, e do traballo escolar no fogar. A guía divídese en dúas seccións, unha orientada ás familias e outra para o alumnado.