Guía legal para autores e artistas de Galicia
Resumo
Esta guía está dirixida aos profesionais da creación en xeral, aos diferentes axentes da industria cultural e a todas aquelas persoas que, sen formación específica no ámbito xurídico, precisen consultar calquera aspecto legal relativo á autoría. Concibida desde unha vocación decididamente divulgativa e coa intención de dar a coñecer os aspectos básicos da lexislación e o universo xurídico da creación artística, a obra non escatima o rigor académico, o que fai frecuente o uso inevitable de tecnicismos, conceptos e termos propios da ciencia xurídica. A colaboración de numerosos expertos de recoñecido prestixio, a través de artigos complementarios dos diferentes capítulos do libro, incrementan a cercanía na aproximación a unha realidade complexa, de xeito que o achegamento ao escenario dos dereitos de autor tanto do público xeral como especializado resulta máis doado, accesible e amable.