III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC

Autores

Eva Aguayo Lorenzo
##semicolon## Plan, Igualdade, Universidade, Xénero

Resumo

O III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC (PEIOMH) baséase na actualización do diagnóstico de igualdade da Universidade e nos resultados da avaliación do II PEIOMH, que fixeron visibles necesidades e desigualdades aínda presentes. O Plan nace dun amplo consenso participativo e do compromiso de inclusión dos colectivos da comunidade universitaria, de maneira que se teñan en conta as súas características e necesidades. Consonte estes criterios, o Plan abrangue seis áreas de actuación (Cultura institucional; Docencia, Investigación e transferencia; Presenza, promoción e representación;  Conciliación corresponsable; Acoso e violencia de xénero; Condicións sociosanitarias no traballo), nove obxectivos xerais, 21 específicos e 85 accións, cada unha das cales vai asociada a indicadores que permiten avaliar a súa implementación, servindo, ao tempo, de guía para adoptar decisións que melloren o seu desenvolvemento. Ademais, contémplanse as unidades responsables da execución das distintas accións, implicando a toda a institución nun exercicio de corresponsabilidade na execución.

Cuberta para III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes da USC
Publicado
October 7, 2021

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/op.2021.1420
Propietario (01)
OP/481A
Identificador para Xebook (99)
DX1101649568
Fecha de anuncio para el sector (10)
2021-10-07
Calendario de Hijri