Desigualdades de xénero en tempos de COVID: VII Xornada Universitaria Galega en Xénero

Autores

Eva Aguayo Lorenzo
Ana Neira Pena
Águeda Gómez Suárez
##semicolon## desigualdades de xénero, COVID-19, violencias contras as mulleres, perspectiva de xénero, docencia universitaria

Resumo

Esta sétima Xornada Universitaria Galega en Xénero constitúe a consolidación dunha iniciativa conxunta das tres universidades galegas, xurdida en 2013, que ten como obxectivo a creación dun punto de encontro para as persoas dedicadas e preocupadas pola perspectiva de xénero na investigación e na docencia universitarias. A USC acolle como anfitrioa esta edición, baixo o lema Desigualdades de xénero en tempos de COVID, e, dadas as circunstancias, por primeira vez en modalidade virtual. Esta edición está financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Igualdad), no marco dos convenios de colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade coas universidades galegas. Nesta ocasión, achegámonos aos retos que se formulan nos estudos de xénero e no feminismo na actualidade, centrándonos en visibilizar o impacto da actual crise sanitaria, social e económica nos ámbitos da violencia de xénero e da traxectoria investigadora das mulleres, así como a importancia da aposta por unha docencia universitaria con perspectiva de xénero.

Cuberta para Desigualdades de xénero en tempos de COVID: VII Xornada Universitaria Galega en Xénero
Publicado
December 16, 2021

Detalles sobre este monográfico

Propietario (01)
OP/484A
Identificador para Xebook (99)
DX1102393794
Fecha de anuncio para el sector (10)
2023-03-31
Calendario de Hijri