A evolución do coñecemento da educación e modelos de evolución: significación do coñecemento da educación

Autores

Tamara Valladares de Vera
Investigadora Predoutoral
Silvana Longueira Matos
José Manuel Touriñán López
##semicolon## educación, coñecemento, evolución, significación

Resumo

A unidade didáctica que se presenta forma parte da materia de teoría da educación, que aparece como materia de formación básica dentro dos estudos de grao. A teoría da educación, como disciplina académica substantiva da pedagoxía, tamén é denominada noutros planos de estudos como pedagoxía xeral. Correspóndelle a esta disciplina desenvolver o coñecemento teórico, tecnolóxico e práctico da parcela da educación que se identifica coa intervención pedagóxica xeral; é dicir, debe desenvolver a teoría e a tecnoloxía da intervención pedagóxica xeral e das dimensións xerais de intervención, co obxectivo de entender o coñecemento da educación e a súa relación coa función pedagóxica, a intervención pedagóxica xeral e os procesos de intervención, así como o carácter e o sentido que atinxe á mentalidade e á mirada pedagóxicas. Esta unidade didáctica ten especial importancia dentro da materia por diferentes razóns. Entre elas, porque configura o núcleo conceptual fundamental da materia sobre o que se erixen as UD consecutivas. Por outro lado, o contido representa a base sobre a que podemos xustificar a identificación, os elementos que xeran e singularizan a pedagoxía, pois sendo a educación un ámbito onde conflúen diferentes disciplinas como a antropoloxía, a socioloxía, a filosofía, a psicoloxía, a economía, etc., faise necesario que o alumnado se interrogue sobre o que é propio da disciplina e o que procede doutras.

Cuberta para A evolución do coñecemento da educación e modelos de evolución: significación do coñecemento da educación
Publicado
March 15, 2022

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155191
Propietario (01)
UD/197A
Identificador para Xebook (99)
DX1102669218
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-05-29
Calendario de Hijri