Esplancnoloxía I: aparellos circulatorio e respiratorio

Autores

Pablo Garrido-Gil
Departamento Ciencias Morfolóxicas. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Universidade de Santiago de Compostela
Aloia Quijano-Ocampo
Departamento Ciencias Morfolóxicas. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Universidade de Santiago de Compostela
Lucía Lage-Pita
Departamento Ciencias Morfolóxicas. Facultade de Medicina e Odontoloxía. Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## anatomía humana, esplancnoloxía, aparello circulatorio, aparello respiratorio, grao Enfermaría, unidade didáctica, anatomía

Resumo

A unidade didáctica «Esplancnoloxía I: aparellos circulatorio e respiratorio» está incluída na materia anatomía humana (6 ECTS), que se imparte no primeiro curso do grao en Enfermaría na Universidade de Santiago de Compostela, ao longo do primeiro semestre. Esta unidade é a segunda das catro unidades didácticas nas que se divide a materia. Cúrsase unha vez que o alumnado xa ten unha visión xeral e introdutoria da estrutura e organización do corpo humano. Nela estúdase a anatomía descritiva e funcional dos aparellos circulatorio e respiratorio. Organízase en 6 temas, que están deseñados para ser desenvolvidos en 5 sesións expositivas de 50 min cada unha delas, e 2 sesións interactivas (1 seminario e 1 práctica de laboratorio) de 2 horas cada unha delas.

Cuberta para Esplancnoloxía I: aparellos circulatorio e respiratorio
Publicado
March 15, 2022

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155276
Propietario (01)
UD/205A
Identificador para Xebook (99)
DX1102669261
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-05-29
Calendario de Hijri