O sistema monetario e o sistema financeiro internacional
Resumo
Esta unidade didáctica leva por título O sistema monetario e o sistema financeiro internacional. Nela estúdanse os elementos e funcións do sistema monetario internacional, así coma os trazos característicos que teñen na actualidade as relacións monetarias internacionais. A comprensión dese sistema é esencial para abordar a continuación a globalización financeira, a partir do estudo dos elementos básicos do sistema financeiro internacional, como os mercados financeiros e os axentes que participan neles. A unidade tamén achega ao alumnado as principais institucións financeiras internacionais e a análise das súas funcións no sistema financeiro internacional. Finalmente, examínanse as crises financeiras, con especial atención á crise do período 2008-2014.