Tendencias actuais na xestión dos recursos humanos

Autores

Analía López-Carballeira
Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## recursos humanos, retos dos recursos humanos, tendencias dos recursos humanos, rendemento, dirección e xestión dos recursos humanos

Resumo

As organizacións están suxeitas aos constantes cambios que se producen no contexto organizativo, a incertidume, a complexidade, a globalización dos mercados e a presión competitiva, polo que é necesario establecer novas formas de xestión para poder afrontalos adecuadamente. Así, a xestión dos membros da organización pode ser un factor clave na competitividade das empresas e, polo tanto, na súa propia supervivencia ao proporcionar as habilidades, competencias e coñecementos necesarios. Por conseguinte, a xestión estratéxica das persoas da organización constitúe unha actividade imprescindible no ámbito empresarial, cuxo desempeño afecta á eficiencia e eficacia de empresas e organizacións. A materia dirección e xestión de recursos humanos, de carácter obrigatorio, pertence ao segundo curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Facultade de Relacións Laborais. A súa carga lectiva é de 6 ECTS e impártese no primeiro cuadrimestre. O obxectivo é presentar ao alumnado unha visión ampla sobre a importancia das persoas no ámbito empresarial e reflexionar sobre os coñecementos, as habilidades e as técnicas vencelladas coa súa xestión no contexto organizativo. En particular, esta unidade didáctica céntrase na situación actual da xestión dos membros da organización a través da análise dos diferentes cambios experimentados pola propia organización, a súa contorna e as persoas que traballan nela. Asemade, abórdase a importancia e o valor da xestión estratéxica das persoas. Finalmente, examínanse as diferentes prácticas de recursos humanos en relación ao rendemento organizativo.

Cuberta para Tendencias actuais na xestión dos recursos humanos
Publicado
March 14, 2022

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155054
Propietario (01)
UD/183A
Identificador para Xebook (99)
DX1102668790
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-05-29
Calendario de Hijri