O desafío das narrativas móbiles

Autores

Alba Silva Rodríguez
Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## xornalismo móbil, multimedia, interactividade, plataformas, aplicacións

Resumo

A unidade didáctica O desafío das narrativas móbiles pertence á materia Multimedia: Teoría, Técnica e Aplicacións, correspondente ao terceiro curso do grao en Xornalismo. Afóndase no contexto da produción de contidos para dispositivos móbiles. Trátase de que o alumnado coñeza os novos modelos multimedia que emerxen da man das novas tecnoloxías. Ademais, amósanse algúns dos produtos de éxito presentes nas plataformas móbiles dentro do eido dos medios de comunicación e das industrias culturais. Os estudantes analizarán a estrutura que seguen os contidos nas novas plataformas e participarán en talleres prácticos e debates orixinados arredor desta temática. Esta unidade persegue, entre outras cousas, exercitar o espírito crítico dos alumnos. Neste senso, é preciso establecer unha reflexión profunda acerca do significado do multimedia, do xornalismo e da evolución e influencia que as novas tecnoloxías teñen no quefacer profesional. Para iso, o profesorado encargarase de proporcionarlles aos estudantes diversos textos e material a partir dos cales poder reflexionar e sacar conclusións.

Cuberta para O desafío das narrativas móbiles
Publicado
March 14, 2022

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155108
Propietario (01)
UD/188A
Identificador para Xebook (99)
DX1102669182
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-05-29
Calendario de Hijri