Citoloxía: estudo da microscopia da célula

Autores

Lucía Lage Pita
CIMUS
Pablo Garrido Gil
CIMUS
Aloia Quijano Ocampo
##semicolon## microscopia, célula, orgánulos membranosos, cromosomas metafásicos, microscopio óptico, tinguidura, extensión de sangue

Resumo

A unidade didáctica Citoloxía. Estudo da microscopia da célula está incluída na materia anatomía, histoloxía e citoloxía (6 ECTS), que se impartirá no primeiro curso do grao de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela ao longo do primeiro semestre. Esta parte da materia será cursada a continuación do contido de citoloxía, unha vez que os alumnos xa teñan unha visión xeral e introdutoria das estruturas e funcións celulares. Esta unidade didáctica durante as horas prácticas céntrase na observación, descrición e recoñecemento a través dun microscopio óptico das diferentes estruturas celulares, así como dos distintos tipos celulares e tecidos. Durante os seminarios, nesta unidade didáctica, o alumnado responderá, de maneira individual ou en grupos reducidos e coa axuda do profesor, cuestións ou farán exercicios e traballos sobre a aplicación dos contidos teóricos. Organízase nun seminario e catro prácticas, que están deseñados para ser desenvoltos en dúas sesións de prácticas cunha duración de dúas horas cada unha e unha sesión de seminarios cunha duración tamén de dúas horas.

Cuberta para Citoloxía: estudo da microscopia da célula
Publicado
March 15, 2022

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155214
Propietario (01)
UD/199A
Identificador para Xebook (99)
DX1102669220
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-05-29
Calendario de Hijri