O delito de acoso

Autores

Natalia Pérez Rivas
Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## acoso, violencia de xénero, vítima, delito

Resumo

O acoso defínese, de forma xenérica, como «unha constelación de comportamentos polo cal unha persoa de forma repetida diríxese a outra impoñéndolle comunicacións e/ou contactos non desexados». Dos diversos estudos realizados sobre este fenómeno conclúese que entre un 4,5 % e un 23,4 % da poboación mundial foi vítima ao longo da súa vida dunha conduta de acoso. As investigacións tamén puxeron de manifesto a íntima relación existente entre o acoso e a violencia de xénero, especialmente con ocasión da ruptura da relación. Ante a constatación desta realidade, procedeuse a incluír no Convenio de Istambul, do 11 de maio de 2011, o acoso como unha forma de violencia contra a muller que debe ser tipificada polos Estados que o ratifiquen. Por tanto, a súa tipificación é froito das obrigas supranacionais asumidas polo noso país. Trátase, así, de ofrecer unha resposta á realización de condutas insistentes e reiteradas —que en moitas ocasións non podían ser cualificadas como coaccións ou ameazas— por medio das cales se menoscaba a liberdade de obrar da vítima, á que se somete a persecucións ou vixilancias constantes, chamadas reiteradas ou outros actos continuos de acoso que provocan unha grave alteración no desenvolvemento da súa vida cotiá.

Cuberta para O delito de acoso
Publicado
March 14, 2022

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155085
Propietario (01)
UD/186A
Identificador para Xebook (99)
DX1102669180