Introdución. As clases de palabras en inglés e os principais procesos de formación de palabras
Resumo
A presente unidade didáctica está dedicada ao estudo da formación e clasificación das palabras en inglés e constitúe a primeira unidade introdutoria da materia morfosintaxe da lingua inglesa (G5061223), materia obrigatoria de 6 créditos que se imparte no primeiro cuadrimestre do segundo curso do grao en Lingua e Literatura Inglesas (G5061V01) da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. En concreto, esta unidade didáctica aborda o primeiro tema da materia, introducindo así dous elementos básicos de máxima importancia para o desenvolvemento do resto de unidades. Por unha banda, a formación das palabras en inglés. Por outra, as distintas clases de palabras que forman a lingua inglesa. Esta materia resulta de gran relevancia para o alumnado que desexe especializarse no campo da lingüística inglesa.