Coeducar na escola do século XXI: reflexións e propostas educativas

Autores

Eva Aguayo Lorenzo
Milena Villar Varela
María José Méndez Lois
##semicolon## educación non sexista, feminismo, violencia de xénero, igualdade de xénero

Resumo

Por que a desigualdade máis antiga da historia, a de mulleres e homes, non acaba de desaparecer? Por que as políticas de igualdade non funcionan de xeito socialmente máis rendible? Por que espertarmos cada día coa noticia dun feminicidio máis? Por que o concepto de feminismo continúa provocando rexeitamento a gran parte da sociedade? Por que a infancia segue a reproducir roles sexistas? Por que, malia dispoñermos dunha iguladade legal, non se acadou unha igualdade real? Como romper co patriarcado e lograr un cambio real e eficaz? Como actuar desde as institucións educativas a prol da igualdade? A resposta a estas, e outras, preguntas constitúe a cerna e obxectivo desta obra, que pretende, ao cabo, propocionar ao colectivo docente de todas as etapas educativas un coñecemento en profundidade dos diversos mecanismos patriarcais e destacar a importancia da coeducación na consecución dunha sociedade feminista.

Cuberta para Coeducar na escola do século XXI: reflexións e propostas educativas
Publicado
March 8, 2022

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/op.2022.1514
Propietario (01)
OP/488A
Identificador para Xebook (99)
DX1101900367
Fecha de anuncio para el sector (10)
2022-03-07
Calendario de Hijri