A universidade retratada: Jules David-Cavaz en Galicia (1882)

Autores

Carlos Castelao
##semicolon## Jules David-Cavaz, fotografía histórica, século XIX, historia da USC

Resumo

A localización no Arquivo Histórico Universitario de Santiago a comezos de 2021 de dez fotografías inéditas do ano 1882 está na orixe desta obra. Nelas aparecen retratados varios grupos de catedráticos, estudantes e persoal da Universidade de Santiago de Compostela, un achado de enorme valor documental e histórico que revela, por vez primeira, os rostros e as imaxes en grupo máis antigas das coñecidas ata agora da Universidade de Santiago. O autor das instantáneas, ademais, é o artista francés ambulante Jules-David Cavaz, considerado hoxe o primeiro gran fotógrafo europeo. O fotohistoriador Carlos Castelao, despois dunha intensa e rigorosa investigación, emprendeu un arduo traballo de rescate gráfico da vida e obra de David-Cavaz, un profesional do que ben pouco se coñecía ata hoxe, e de quen chegou a localizar ata noventa e cinco fotografías galegas. O autor ofrece nas páxinas desta Universidade retratada un volume que é todo un gozo: exhuma máis de cento cincuenta imaxes, a maior parte delas descoñeciadas pero, sobre todo, leva a cabo un minucioso estudo deses rostros, deses nomes que poboaban as aulas de Compostela naquel 1882, entre eles, por certo, os de moitos dos grandes pensadores que alicerzaron a Galicia actual, e que, dende estas páxinas, nos interpelan século e medio despois.

Cuberta para A universidade retratada: Jules David-Cavaz en Galicia (1882)
Publicado
March 9, 2022

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-19155-32-0
Propietario (01)
OP/0489
Fecha de anuncio para el sector (10)
2022-03-09
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
200mmx190mm