A poesía na preceptiva: a «crítica literaria» e as polémicas

Autores

María José Alonso Veloso
Universidade de Santiago
##semicolon## poesía española do século XVII, preceptiva

Resumo

A presente unidade didáctica sobre a poesía na preceptiva, a «crítica literaria» e as polémicas é a segunda das cinco incluídas na materia obrigatoria Literatura Española do Século XVII: Poesía. Estuda de xeito exhaustivo as principais tendencias, xéneros, temas e autores da lírica española do século XVII, cunha especial atención ao período comprendido entre 1580 e 1650, e ás obras de tres grandes poetas da época: Luis de Góngora, Lope de Vega e Francisco de Quevedo. A unidade II, programada cunha duración aproximada de dúas semanas e seis horas presenciais, afonda nas normas reiteradas nas preceptivas, que seguen publicándose coa mirada posta na literatura e os xéneros poéticos do pasado. O seu contido contrasta coa práctica da lírica barroca, que demostra o seu radical incumprimento. É unha época na que a innovación apreciable nos tres grandes xéneros supón dar as costas aos preceptos herdados, nun tempo marcado por un espírito polémico e a difusión de abundantes xuízos críticos sobre a literatura contemporánea. Os contidos, apoiados en textos da época, son indispensables na formación do alumnado en Lingua e Literatura Españolas. Pola súa condición de introdución xeral, como ocorre coa primeira, dedicada aos trazos da poesía barroca, ten unha importancia crucial para que os estudantes adquiran os coñecementos e as estratexias fundamentais para entender a lírica barroca.

Cuberta para A poesía na preceptiva: a «crítica literaria» e as polémicas
Publicado
November 9, 2022

Detalles sobre este monográfico

Propietario (01)
UD/223A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419155610
Identificador para Xebook (99)
DX1103329384
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-10-24
Calendario de Hijri