A xénese do historicismo

Autores

Friedrich Meinecke
Ramón Villares
Henrike Fesefeldt
Xosé Manuel Núñez Seixas
##semicolon## Friedrich Meinecke, Historicismo

Resumo

O Historismus, historicismo en galego, é a grande achega da escola histórica alemá á cultura universal, tanto no plano propiamente historiográfico como no filosófico. O propio autor, Friedrich Meinecke, afirma no limiar deste libro: «O núcleo do historicismo consiste na substitución dunha consideración xeneralizadora das forzas humanas históricas por outra de natureza individualizadora». A xénese do historicismo (Die Entstehung des Historismus, 1936) é a obra dun historiador profesional que indaga a xénese dunha disciplina intelectual fondamente mutada xa no Século das Luces pero que rendería os seus mellores froitos despois das revolucións de finais do século XVIII, un tempo convulso que favoreceu a eclosión dun saber histórico consolidado, na seguinte centuria, coa súa institucionalización por parte dos estados nacionais. Tan clara mutación disciplinar foi especialmente intensa no mundo alemán, o que explica a súa hexemonía na historiografía europea, que aceptou a metodoloxía histórica xermana en varios dos trazos máis definitorios; o traballo en seminario, o método de crítica filolóxica e a profesionalización de profesores e escolantes. Nacía outra forma de investigar e de escribir a historia.

Cuberta para A xénese do historicismo
Publicado
March 8, 2023
Categorías

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-19155-82-5
Propietario (01)
PU/042
Fecha de anuncio para el sector (10)
2023-03-08
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
170mmx240mm