A razón ecolóxica: Actas do VIII simposio internacional luso-galaico de Filosofía

Autores

Francisco Javier Barcia González

Resumo

Unha das virtudes publicitarias do sistema económica vixente, o capitalismo, asentado xa de maneira planetaria tras a desfeita das economías estatalizadas e centralizadas das sociedades pretendidamente socialcomunistas, é expandir a idea de que non só non ten modelos antagonistas que lle opoñan resistencia económica e ideolóxica, senón que tampouco se adiviñan no horizonte modelos alternativos que lle disputen tal hexemonia. Veremos que isto non é así, que existen movementos no seo mesmo da reflexión económica e ecolóxica -da que este volume é boa mostra- que fan unha dura emenda ao capitalismo e a un tipo de ciencia económica tradicional que é cega ás variables ecolóxicas e sociais que se debe introducir nos seus modelos e cálculos. Con todo, talvez a maior crítica e deslexitimación que sofre hoxe o capitalismo veña da mesma crise ecolóxica, así como dos conflitos sociais e crises humanitarias que el mesmo contribúe a xerar.

Cuberta para A razón ecolóxica: Actas do VIII simposio internacional luso-galaico de Filosofía
Publicado
September 24, 2013

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-9887-783-0
Propietario (01)
CC/209
Fecha de primera publicación (11)
2011
Dimensións físicas
170mmx240mm