Bioloxía celular humana 1

Autores

Ainara Díaz Geada
Facultade de Enfermaría. Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## Bioloxía Humana, Enfermaría, unidade didáctica, bioloxía celular

Resumo

Esta unidade didáctica enmárcase dentro da materia Bioloxía Humana (4,5 ECTS), que se imparte no primeiro semestre do primeiro curso do grao en Enfermaría da Universidade de Santiago de Compostela, no campus de Santiago de Compostela. A materia está dividida en dous bloques temáticos: bioloxía molecular e bioloxía celular. Esta unidade impártese durante o segundo bloque temático desta materia. A unidade, como parte dunha materia de formación básica e de primeiro curso, está dirixida ao estudantado que inicia a súa formación universitaria no eido da saúde. As persoas que cursan estes estudos adoitan presentar un coñecemento básico axeitado sobre os contidos que se desenvolven nesta materia, xa que recollen o testemuño dos desenvolvidos durante o bacharelato. Mais, dado que non todo o estudantado accede á formación do grao en Enfermaría desde o bacharelato, senón que poden acceder por outras vías como a Formación Profesional ou o acceso a maiores de 25 anos na universidade, esta materia permite revisar e afondar en conceptos esenciais para a formación enfermeira e procura que a totalidade do estudantado adquira un nivel de coñecementos axeitado sobre ela. O desenvolvemento deste contido permite tamén acrecentar as súas capacidades analíticas e de razoamento crítico.

Cuberta para Bioloxía celular humana 1
Publicado
October 20, 2023

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679390
Propietario (01)
UD/252A
Identificador para Xebook (99)
DX1102669455
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-05-30
Calendario de Hijri