Estudo dunha enfermidade neurodexenerativa: un proxecto para Formación Profesional

Autores

María Villar López, Universidade de Santiago de Compostela; Sabela Fernández Vila, Universidade de Santiago de Compostela, CIFP Politécnico de Lugo; Paloma Blanco Anaya, Universidade de Santiago de Compostela; Ana Quelle Regaldie, Universidade de Santiago de Compostela; Juan Andrés Rubiolo Gaytán, Universidade de Santiago de Compostela; Laura Sánchez Piñón, Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## Formación Profesional, investigación biomédica, enfermidade Niemann-Pick, prácticas científicas, pensamento crítico

Resumo

A Formación Profesional é un ciclo educativo estreitamente vinculado co mundo laboral, polo que as propostas didácticas neste eido deben procurar capacitar o alumnado no desenvolvemento das destrezas requiridas no ámbito profesional, agardándose, no caso concreto dos ámbitos científico e sanitario, que o alumando sexa quen de desenvolver investigacións con autonomía e capacidade crítica. A presente monografía, nesta liña, desenvolve un proxecto de investigación fundamentado na estratexia didáctica da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP), que outorga autonomía ao alumnado para tomar decisións na investigación dunha enfermidade neurodexenerativa, a enfermidade de Niemann-Pick. Isto favorecerá o desenvolvemento da competencia científica e do pensamento crítico, forzando ao estudo das bases desa patoloxía nun organismo modelo, o peixe cebra, e á determinación dun posible tratamento para os seus síntomas.

Cuberta para Estudo dunha enfermidade neurodexenerativa: un proxecto para Formación Profesional
Publicado
October 25, 2023

Detalles sobre este monográfico

Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679581
Propietario (01)
OP/515A
Identificador para Xebook (99)
DX1102660264
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-04-29
Calendario de Hijri