A contorna das decisións financeiras
Resumo
Esta unidade didáctica pertence á materia Xestión e Márketing. É unha materia optativa de cuarto curso do grao en Óptica e Optometría. Como unidade de apertura do segundo bloque de coñecementos, ten carácter introdutorio e pretende asentar as bases financeiras coas que traballar nas unidades didácticas seguintes. A través das sete epígrafes fundamentais busca formar e informar o colectivo universitario con ferramentas financeiras útiles para o desenvolvemento persoal e profesional: por que estudar finanzas?, conceptos de investimento e financiamento, as grandes áreas das finanzas, decisións financeiras das empresas, decisións financeiras dos individuos, as operacións financeiras e os principios financeiros fundamentais.