As escritoras románticas: a Baronesa de Wilson

Autores

Belén Quinteiro Pulleiro
Universidade de Santiago de Compostela
##semicolon## Romanticismo, escritoras, Emilia Serrano, Baronesa de Wilson

Resumo

Esta novena unidade da materia «Literatura Española: Ilustración y Romanticismo» profundiza no rol da muller escritora no Romanticismo e céntrase na figura chave, aínda que descoñecida, de Emilia Serrano, tamén coñecida como Baronesa de Wilson. Aténdese ó respaldo arquivístico e documental que é preciso para recuperar este tipo de figuras silenciadas pola historiografía clásica; préstase especial atención ó papel da muller escritora no século XIX e indágase na construción dunha figura pública por parte de Emilia Serrano: atendendo á creación de redes transnacionais, á súa participación coa prensa (tanto na súa creación como colaboración) e ó seu rol como escritora.

Cuberta para As escritoras románticas: a Baronesa de Wilson
Publicado
May 23, 2024
Categorías

Detalles sobre este monográfico

Propietario (01)
UD/272A
Identificador de objeto digital (DOI) (06)
https://dx.doi.org/10.15304/9788419679710
Identificador para Xebook (99)
DX1103339855
Fecha de anuncio para el sector (10)
2024-11-27
Calendario de Hijri