Educación, ambiente e xénero: Lucía Iglesias da Cunha ‘in memoriam’

Autores

Júlio J. Conde
Dpto. de Pedagoxía e Didáctica. Universidade de Santiago de Compostela
https://orcid.org/0000-0001-8739-6893
Rita Gradaílle Pernas
Pablo Ángel Meira Cartea
José Antonio Caride Gómez
##semicolon## educación ambiental, pedagoxía social, educación social, xénero

Resumo

Hai luces que non se apagarán nunca, aínda que se desprendan da vida de quen as alentou durante anos, décadas ou séculos. Malia as adversidades que traen consigo as escuridades máis profundas, estas luces continúan iluminando as paisaxes que nos contornan e polas que transitamos, indo das realidades ás utopías, proxectando as palabras que evocan os soños nos acontecementos máis cotiáns. Encarnados na memoria, os recordos que as nutren adquiren un especial significado cando teñen o nome das persoas coas que tivemos a oportunidade de compartir os traxectos da amizade, tanto individual como colectivamente. Nas páxinas que se abren con este libro, dedicado in memoriam á profesora Lucía Iglesias da Cunha, sen obviar que o seu nome era o que se lle daba ás nenas nacidas durante as primeiras luces do día, emerxen moitas das calidades que a lembran como unha persoa inspiradora e luminosa, convivente e academicamente, da que aprender na súa mera presenza, mesmo estando ausente.

Cuberta para Educación, ambiente e xénero: Lucía Iglesias da Cunha ‘in memoriam’
Publicado
May 20, 2025
Colección

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-10142-64-0
Propietario (01)
HOM/65
Fecha de anuncio para el sector (10)
2025-05-20
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
170mmx240mmx20mm