Procedemento de comiso autónomo
Resumo
Esta unidade didáctica aborda o denominado «procedemento de comiso autónomo», incorporado na súa actual formulación a través do artigo único punto 10 da Lei 41/2015, de 5 de outubro, de modificación da Lei de Axuizamento Criminal para a Axilización da Xustiza Penal e o Fortalecemento das Garantías Procesuais. Preténdese abordar nunha primeira sesión o referido aos conceptos de comiso e comiso autónomo, para, a continuación, na segunda das sesións, entrar a detallar todo o relativo á súa natureza e regulación. Finalmente, a última sesión expositiva dedicaríase ao estudo da Directiva (UE) 2024/1260 do Parlamento Europeo e do Consello, de 24 de abril de 2024, sobre Recuperación Comiso de Activos.