‘Canta ti, cantarei eu’. A poesía popular oral: Día das Letras Galegas 2025
##semicolon##
poesía popular, poesía oral, música tradicional, cancioneiro popular, etnografía
Resumo
O Día das Letras Galegas de 2025 bota luz sobre os compoñentes da nosa tradición popular e vindica unha voz múltiple, de muller, a voz das clases subalternas sempre invisibilizadas que termaron da lingua e que, sen formación académica, souberon crear un imaxinario colectivo, un universo poético que reflicte, con humor e sabedoría, con sensibilidade e retranca, o mundo en que viven, as preocupacións, as angueiras cotiás, o amor, a vida.
Publicado
April 25, 2025
Colección
Categorías
Dereitos de autor 2025 Edicións USC