Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais

Autores

Silvia López Gómez
Universidade de Santiago de Compostela
Apolinar Varela
Manuela Vázquez Coto
##semicolon## patrimonio inmaterial, xogos tradicionais, Galicia, cultura popular

Resumo

Este libro é unha viaxe pola riqueza do patrimonio lúdico galego, un patrimonio inmaterial no que o xogo e o xoguete tradicional se presentan como ferramentas de aprendizaxe, expresión e transmisión cultural. Estas páxinas son, por unha banda, un convite á exploración das dimensións educativas, sociais, emocionais e ambientais tanto das prácticas lúdicas como dos enredos tradicionais e, por outra, unha proposta de recuperación e divulgación en diferentes contextos deste tan rico e suxestivo patrimonio. Partindo de experiencias, investigacións e proxectos concretos, a obra proporciona unha ampla variedade de enfoques que reivindican o valor do xogo e do xoguete como parte esencial da identidade de Galicia e incita, en definitiva, a xogar para lembrar quen somos e para seguirmos sendo parte viva da cultura galega.

Cuberta para Patrimonio lúdico galego: investigación, recursos e divulgación dos xogos tradicionais
Publicado
November 11, 2025

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-10142-85-5
Propietario (01)
OP/0545
Fecha de anuncio para el sector (10)
2025-11-11
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
170mmx240mmx20mm