Lembranzas a escena: un labor teatral (Santiago de Compostela, 1958-1967)

Autores

Juan Luis Blanco Valdés
Ezequiel Méndez Vidal
##semicolon## Santiago de Compostela, DITEA, TEU, tardofranquismo, teatro universitario

Resumo

Ezequiel Méndez Vidal (Santiago de Compostela, 1941) é licenciado en Filosofía e Letras (rama de Historia) pola Universidade de Santiago. Nos seus anos de estudante universitario desenvolveu un intenso labor teatral, do que dá conta este libro. Simultaneamente, en 1961 fundou, organizou e dirixiu o Cine Club Universitario e comezou unha longa carreira como crítico de cine na prensa local (La Noche e El Correo Gallego, xornais dirixidos daquela por Raimundo García Domínguez, Borobó). Xunto co profesor Gonzalo Anaya e Enrique Banet, creou a produtora Equipo 64, para realizar documentais sobre Compostela e Galicia. En 1967, montou unha empresa de distribución de libros con case cincuenta editoriais (Alianza, Ciencia Nueva, Fondo de Cultura Económica, Siglo XXI, Tecnos, Península, Cuadernos para el Diálogo, Ariel, Akal…), que aínda existe hoxe en día, con nome diferente e con outras editoriais. Entre 1974 e 2003 a súa traxectoria profesional estivo intimamente ligada a postos de máxima reponsabilidade no sector editorial: director xerente do Fondo de Cultura Económica (Madrid); director de Márketing de Alianza Editorial; director de Promoción e Márketing do diario El País; director de Publicacións, Cultura e Relacións Externas do Instituto Cervantes; director da editorial Electa (Random House Mondadori). Dende 2007 goza da súa xubilación en Madrid. En 2024 foi nomeado Fillo Predilecto polo Concello de Santiago de Compostela.

Cuberta para Lembranzas a escena: un labor teatral (Santiago de Compostela, 1958-1967)
Publicado
October 31, 2025

Detalles sobre este monográfico

ISBN-13 (15)
978-84-10142-86-2
Propietario (01)
OP/542
Fecha de anuncio para el sector (10)
2025-10-31
Calendario de Hijri
Dimensións físicas
150mmx210mmx11mm