La Galice: dez séculos de olladas francesas

Autores

Henrique Harguindey Banet
##semicolon## Galegos -- Identidade étnica, Galegos na literatura, Galicia na literatura, Literatura francesa -- Historia e crítica, Escritos de viaxeiros franceses

Resumo

E abondosa a presenza de Galicia en textos francófonos e son constantes os testemuños de visitantes franceses á nosa terra dende a Idade Media. La Galice, dez séculos de olladas francesas é o froito dunha extensa peneira de textos literarios e de reflexións e descricións de peregrinos, soldados, diplomáticos, científicos, viaxeiros, xornalistas, escritores ou simples turistas. O fermoso fresco así formado non só ofrece unha visión variada e polícroma de como nos ven no exterior, senón que axuda tamén a comprendernos mello os propios galegos. Dende o inicio do camiño a Compostela ata a catástrofe do Prestige percorremos o fio de eventos históricos na compaña de persoeiros ou de seres anónimos. Atravesando as invasións francesas máis coñecidas, como a napoleónica e rescatando a memoria doutras deliberadamente ocultadas, como a da primeira restauración borbónica. Con tempo para seguirmos a liñaxe do personaxe do infortunado rei de Galicia, que, do Roman de Pontus, chega a Victor Hugo pasando por Roldán e ten as súas raíces na función asignada ao noso país como baluarte libre do cristianismo fronte á invasión árabe.

Cuberta para La Galice: dez séculos de olladas francesas
Publicado
September 25, 2013

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: En papel

En papel
ISBN-13 (15)
978-84-9887-125-8
Propietario (01)
BD/0030
Fecha de anuncio para el sector (10)
2009
Dimensións físicas
120mmx185mm

Detalles sobre os formatos de publicación dispoñibles: PDF

PDF
ISBN-13 (15)
978-84-9887-402-0
Propietario (01)
BD/030A
Fecha de primera publicación (11)
2009